Ir o contido

Servizos

Aula da natureza

“Coñecer para por en valor, amar e así querer protexer o noso medio: a natureza”

Sesións dirixidas ao profesorado para traballar a sensibilidade ambiental do centro educativo ou da aula. As dinámicas buscan o compromiso real coa conservación da natureza e están pensadas para traballar de xeito transversal en calquera das materias.

Estes obradoiros ofrecen ferramentas lúdicas para abordar dun xeito creativo o coidado do medio e favorecer a observación, coñecemento e amor pola natureza.

Os bloques didácticos dos que partimos son:

Ideas previas e achegamento ás problemáticas ambientais actuais
Coñecer as ideas previas do grupo mediante dinámicas lúdico-educativas como por exemplo os xogos de rol, que obrigan a argumentar unha postura e defendela, mesmo en contra do noso criterio.

Horta escolar – pequenas plantacións
A horta é un proxecto ambicioso para unha escola, moi recomendable mais precisa da implicación de toda a comunidade educativa. Dado que a época da meirande parte da colleita e coidados coincide coas vacacións estivais, ás veces pode ser algo frustrante. Por iso, podemos traballar pequenas plantacións co obxectivo de:

    • coñecer a orixe dos alimentos
    • observar os ritmos da natureza para evadirnos dos tempos que nos impón a sociedade actual
    • obter os beneficios de traballar a terra
    • observar as relacións que se dan no medio e entendernos como parte del

Biodiversidade na escola
A idea é favorecer a presenza de diferentes especies para a aumentar a biodiversidade do centro e ademais, ter maior posibilidade de observalas con fins educativos.
Como?

    • Crear unha rede de refuxios para aves trogloditas con caixas niño e comedeiros para favorecer a súa presenza, así poderán observar as aves e identificalas.
    • Construír refuxios de insectos
    • Posibilidade de deseñar unha charca para anfibios

Profesores polo futuro
Traballaremos na creación de campañas de sensibilización medioambiental e de boas prácticas. Para isto, imos empregar as xa coñecidas “erres” da educación ambiental para organizar as actividades.

Obradoiros
Os beneficios de crear coas nosas mans son ben coñecidos, ben para crear algo que precisemos ou polo simple feito da sensación de goce que produce. Os obradoiros que podo ofrecer estarán sempre vencellados á natureza, ben por usar elementos orgánicos para realizalos ou porque o seu fin ten relación co medio.
Máis info aquí!

 

Tes unha idea ou un proxecto ambiental na escola.

Cóntamo!