Fomento da oralidade
Que é?
Obradoiros dirixidos ao profesorado no que se ofrecen técnicas e ferramentas para xogar coa palabra contada. É un espazo amable para explorar os diferentes recursos e no que cada persoa escollerá aqueles cos que se sinta máis cómoda para levar a práctica.
Que imos facer?
- Dinámicas para levar a aula e mellorar a nosa comunicación co alumando
- Estratexias para favorecer a capacidade do alumnado na creación dun discurso
- O conto, para contar e escoitar
- Expresarnos co corpo e a voz mediante o xogo
- O uso de ditos, refráns e contos tradicionais para a conservación do patrimono oral
- A importancia da palabra contada na conservación da lingua
Contas comigo!?




