Botamos un conto é un espazo creado para viaxar a través da palabra, percorrer novos camiños e chegar a lugares onde posiblemente nunca estivemos; é beber de diferentes culturas para regresar á nosa, sabedoras agora da herdanza que nos identifica.
Botar un conto é o inicio dunha aventura para coñecer outras realidades, novos mundos, adentrarnos nunha historia que nos leve da man á nosa propia esencia.
É un espectáculo cunha escolma de contos coa que transmitir valores e saberes de diferentes partes do mundo.
Destinatarias: público familiar
Duración: 50 minutos

