Ir o contido

Servizos

Caderno de campo

É unha dinámica para aprender a tomar rexistros das nosas observacións na natureza e converterte nunha naturalista: ser quen de estar presente por onde camiñas, conectar co que che rodea como se ti formases parte, observar os indicios, deducir que puido acontecer e, sobre todo, gozar da natureza.

É unha actividade perfecta para unha sesión despois dunha saída polo medio ou dunha pequena excursión, aínda que tamén é posible realizar algún obradoiro relacionado sen a saída previa á natureza.

 

Que recursos temos para facer o caderno de campo?

Dado que non sempre é posible ter un animal estático fronte a nós para poder describir as súas características, podemos empregar diferentes ferramentas que nos axuden a observalos con maior detemento.

Opcións para favorecer os encontros coa fauna:

  • colocación dunha caixa niño para paxaros
  • preparación de comedeiros para paxaros
  • recopilación e mostra das imaxes recollidas por unha cámara de fototrampeo
  • trampas de lama para a obtención de pegadas
Obradoiros relacionados:
  • Diario naturalista: caderno para xogar e cubrir nunha saída de campo
  • Pegadas de animais
  • Siluetas de follas de diferentes árbores
  • Caracterización de material orgánico
  • Estampación con flores e follas. Obtención de pigmentos naturais
  • Arte na natureza. Dinámica lúdica para unha creación artística a partir de elementos naturais

 

Actividades complementarias: Obradoiros e Roteiros guiados