Ir o contido

Servizos

Canción para ir de aventuras con Xela

Sabías que o conto de Xela ten banda sonora?

Dende hai un tempo decidín incluír pequenas cancións nos contos, sobre todo cando van dirixidos á primeira infancia.

Hoxe quero compartir con vós a canción coa que remato o conto de “Xela, a superheroína de aldea” por se queredes usala cando leades o conto nas aulas, na casa ou na biblioteca. É unha cereixa para o final do conto!

O responsable desta banda sonora é Fernando F. Picos, un profesor de música apaixoado e hoxe xa meu amigo 🙂 Estrella tivo que bailar do Sol ao Do, para finalmente quedar onde estabamos máis cómodas, graciñas pola túa voz! Se queredes pórlle música a algún proxecto que teñades, non dubidedes en contactar con el ousande@gmail.com