Ir o contido

Servizos

O Trasno Tirizó

O Trasno Tirizó é un mensaxeiro do Apalpador que, preocupado pola perda de ilusión das nenas e nenos, trae a encomenda de ir na busca dos ingredientes da “Pócema do Arco da vella” que devolverá a cor, a maxia e a ilusión a todas elas. Pensou que o Nadal era o momento máis axeitado para atopar os ingredientes e facer a beberaxe milagreira que devolve a ilusión a toda aquela persoa que a beba.

Daquela beberaxe sairan mundos fantásticos, soños incribles, ceas cociñadas e gozadas en familia, aquel xoguete que pasara por tódolos irmáns, aquela aperta da avoa que marchou hai uns anos descansar na cadeira de Casiopea…

Destinatarias: público infantil e familiar
Duración: 45 minutos