Que son?
Os beneficios de crear coas nosas mans son ben coñecidos, ben para crear algo que precisemos ou polo simple feito da sensación de goce que produce.
Cando enredamos coas nosas mans isto é o que sucede: desperta a creatividade, aumenta a capacidade de concentración, mantén a conexión co aquí e o agora, permite expresar emocións, favorece a reflexión e o autocoñecemento, propicia acadar un estado de armonía e de satisfacción, agudiza os sentidos e aumenta a nosa autoestima.
En definitiva, o bonito é facer o camiño con todo o que significa e xa menos importante o resultado final; aínda que, se é esteticamente agradable ou un obxecto con certa utilidade sería unha marabilla.
Os obradoiros que podo ofrecer estarán sempre vencellados á natureza, ben por usar elementos orgánicos para realizalos ou porque o seu fin ten relación co medio.
Cando é oportuno facelos?
Tes un proxecto no centro educativo relacionado con algunha das R? Debes saber que a R de reciclar non é o máis comprometido que poidamos facer, pois a reciclaxe esixe un gasto de enerxía para transformar a materia e ademais, non pon o foco no verdadeiro problema que sería a cantidade de refugallos que producimos co modelo capitalista que temos instaurado na actualidade.
Queres que traballemos sobre as R que importan de verdade?
Se tes sensibilidade pola natureza e pensas en organizar algún obradoiro con materiais orgánicos, preséntoche algúns exemplos do que podemos facer:
- comedeiros para paxaros
- estampación con flores e follas
- Nendo Dango, bombas de sementes
- pegadas de diferentes animais con arxila
- marcapáxinas con elementos naturais
- pequenas plantacións
- bolsa de tea (cunha camiseta que teñas en desuso)
- mandala
…e na natureza atoparemos a inspiración para moitos máis!
Actividades complementarias: Caderno de campo e Roteiros guiados








