Ir o contido

Servizos

Onde ouvean os lobos

Trátase dunha adaptación dun conto tradicional galego, onde xogamos coa repetición da estrutura e o público imaxina o camiño que debuxa a propia historia.

“Érase unha vez un neno que se chamaba Antón que nacera con moi boa estrela, que tiña moi boa sorte, que sempre o acompañaba a fortuna, … que nacera cunha estrela no cú!”

E guiado por esa boa estrela terá que adentrarse nunha aventura fantástica. Todo parece ir ben ata que cae a noite.

Duración: 45 minutos
Destinatarias: Público infantil / familiar