E se Vicente Risco aparecese na túa aula? E se de súpeto descobre que todo o seu traballo a prol da lingua e da cultura está a esmorecer?
Risco non se rende! E sabe que un dos xeitos máis marabillosos para que a lingua viva nas nenas e nenos e contar historias, uns contos marabillosos!
Sabes como abrir a porta que agocha un tesouro? hai un lugar onde a intelixencia e a bondade das labregas ten máis valor ca o ouro dun rei avarento.
Arríscate a coñecer a Vicente Risco, unha das figuras máis importantes da literatura galega, membro da Xeración Nós e precursor do nacionalismo galego.
Arríscate a coñecer a túa lingua, pois nela viaxarás por unha historia ben emocionante, a túa!
Duración: 50 minutos
Destinatarias: Educación primaria, público familiar




