Dirección: Su R. Fariña
Aloia Carballo, unha estudante de medicina con intereses fóra do habitual para o seu tempo vese inmersa nunha investigación policial que a levará a coñecer a súa orixe. Unha viaxe chea de misterios que conectan aos dous lados do Océano nos tempos da emigración nunha aldea galega.








