Xela, aventura na fraga é un conto para mergullarse na natureza. A protagonista convida a unha aventura para espertar a sensibilidade e apego polo mundo que nos rodea.
Un inesperado suceso na casa da protagonista motiva a Xela a saír na procura de respostas; polo camiño atopa plumas, pegadas e cacas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. Cara o desenlace da historia, ademais de mostrarlles as características da fauna galega, aprenderán a ollar á natureza como se elas e eles tamén formasen parte.
Plumas, pegadas e cacas axudarán a atopar de que animal se trata. Mergúllate nesta lectura e acompaña a Xela na súa aventura!
Características
Queres que che adique o libro?
Cando enchas o formulario en Finalizar compra, escribe o nome da persoa a quen queres que llo adique no apartado de Notas do pedido.
19,95 €