Coñece o territorio
“Ti dis: Galicia é ben pequena.
Eu dígoche: Galicia é un mundo, é o mundo enteiro”
Vicente Risco
Saídas ao medio natural co obxectivo de sensibilizar e dar a coñecer os valores ambientais, patrimoniais e culturais dun lugar de especial interese.
Creación dunha historia fiada para por en valor o noso patrimonio.
Actividades para centros educativos
1. Dinámicas no propio centro
Presentación do espazo natural e dinámicas lúdicas relacionadas.
2. Unha volta polo medio: saída para coñecer o territorio
Roteiros guiados orientadas á posta en valor da riqueza natural, cultural e paisaxística de espazos naturais ou de zonas rurais.
Actividades para público xeral
Roteiros guiados
Actividade pensada para grupos. Acompañamento en andainas, interpretación do territorio e creación dunha historia que funcione de fío conductor no percorrido.
Obxectivos
-
- Dar a coñecer espazos naturais próximos e os elementos máis relevantes para a súa conservación.
- Achegar dun xeito divertido e ameno á natureza
- Mostrar a relación do ser humano coa paisaxe galega
- Sensibilizar no coidado e respecto pola natureza
- Reestablecer as conexións co medio rural
Inma Soto é guía do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e tamén fixo este traballo para os Parques Naturais de Galicia; aínda que ela asegura non ser moito de etiquetas, polo que se tes un espazo natural perto anímate a dar un paseo e coñecelo doutro xeito.
Actividades complementarias: Caderno de campo e Obradoiros





