Ir o contido

Servizos

Sinfonía de contos. Nós tamén [queremos] navegar!

Espectáculo de narración oral para público familiar, no que a palabra e a música dialogan en directo. Unha historia que apela á sensibilidade, busca outorgarlle capacidade de decisión ás crianzas e valora a relación que gardamos coa natureza.

A clarinetista Tamara Soto acompaña con pezas breves, improvisacións e efectos sonoros. Ao longo da sesión introdúcense xogos de ritmos corporais, palmas, así como cantigas participativas que convidan ao público a intervir. O espectáculo alterna escoita, interacción e creación colectiva, favorecendo a imaxinación e o goce compartido.

Quen non soñou algunha vez en viaxar no lombo dunha balea?
Esta historia vai dun caracol de mar que lle queda pequeno o seu lar, o mundo quere coñecer e así aumentar o seu saber.
E unha balea, que terá que ver?
“Nós tamén [queremos] navegar!”

Destinatarias: público infantil ou familiar
Duración: 50 minutos