Ola! Son Inma Soto, educadora ambiental e contadora de historias.
Estudei Ciencias do Mar en Vigo levada polo entusiasmo dun corazón aventureiro; e coa ansia de interpretar e valorar a nosa natureza sentín a necesidade de completar esta formación co Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural en Xinzo de Limia.
Traballei en diferentes proxectos, sempre ligada á divulgación e a conservación da natureza – a do medio e a natureza entendida como a esencia que nos define culturalmente, pois en realidade unha vai da man da outra.
Os contos naceron para sensibilizar na protección e respecto polo medio, divulgar e dar a coñecer o noso patrimonio; hoxe, os contos e as historias son un dos xeitos máis fermosos que atopei para comunicarme (sen esquecernos das anécdotas, que son a miña especialidade!)

