Reto para unha alimentación saudable e sostible
Que relación ten a túa alimentación coa protección da natureza e conservar as aldeas e o noso xeito de vivir?
Cando consumes produtos locais – alimentos de proximidade, os que se mercan na praza ou a unha veciña – permites que persoas agricultoras, gandeiras, artesás de queixo, mel, marmeladas,… asenten e vivan no territorio.
Esta proposta reflexiona sobre a relación que hai entre a alimentación sostible e saudable, para as persoas e a natureza e a conservación do medio; busca explicarlle ao alumnado como os nosos hábitos de consumo definen un modelo social e ambientalmente xusto ou, pola contra, un modelo totalmente insostible.
Destinatarias. 3º ciclo de educación primaria
Duración: 1 hora



