Informacion xeral
De conformidade co artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (L.S.S.I.) faise constar que Inmaculada B Soto Iglesias con CIF número 44475059M é a titular do presente dominio https://inmasoto.gal. Estes termos e condicións, xunto coa súa aceptación na confirmación de compra, constitúen o contrato entre Vostede e a titular.
Proceso de compra
De conformidade co artigo 27 da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (L.S.S.I.) faise constar os distintos trámites para celebrar o contrato online. Atendendo ao artigo 27.1. b da mencionada Lei, a titular arquivará o documento electrónico en que se formalice o contrato e este será accesible para o usuario solicitándoo. A titular remitirá unha copia ao cliente unha vez finalizado o proceso de compra, achegando tamén unha copia deste documento (condicións xerais de compra, documento de desistencia e se o produto foi pagado antes de saír das nosas instalacións a factura de compra).
Xeneralidades
Como norma xeral, a realización dun pedido nesta web supón a aceptación das presentes condicións xerais de venda reflectidas neste documento. O Cliente declara, baixo a súa responsabilidade ler e entender os presentes termos e condicións de venda e aceptalos. Ningunha estipulación realizada por parte do cliente poderá diferir das da titular se non foron expresamente aceptadas polo noso departamento de venda online.
Modalidades de pedidos
Los clientes pueden realizar sus pedidos por Internet, a través de https://inmasoto.gal.
Prezos
Todos os prezos expostos na ficha de produto levan incluído o imposto correspondente: o 4% ou o 21% de IVE. Os prezos están expresados en euros (€). O prezo aplicable será o que conste no momento que o cliente realizou a compra. Os prezos publicados son válidos ata finalización da vixencia da oferta.
A empresa resérvase o dereito de cambiar os prezos dos produtos sen aviso previo.
Formas de pago
A titular dispón das seguintes formas de pago:
TRANSFERENCIA BANCARIA OU INGRESO EN CONTA. Ao elixir esta forma de pago terás que realizar un ingreso bancario, indicando o teu nome, apelidos e número de pedido. Non se realizará o envío da mercadoría ata a confirmación da transferencia por parte da entidade bancaria. Tamén podes enviarnos un correo electrónico no cal haxa unha copia do ingreso bancario para axilizar os trámites do envío.
BIZUM. É un servizo de pago a través do móbil, instantáneo, cómodo e seguro. Permíteche enviar diñeiro co teu número de móbil desde a app do teu banco. Os datos introducidos cífranse e transmítense de forma segura aos servidores do banco e posteriormente verifícanse co banco emisor para evitar posibles fraudes e abusos.
PAYPAL. O aviso do pago é recibido pola titular de inmediato, a diferenza doutros métodos nos que a confirmación de pago por parte do cliente tarda uns días. Esta modalidade de pago non supón ningún incremento no prezo do artigo. PayPal permite pagar directamente sen comunicar os datos financeiros na internet. PayPal codifica automaticamente os datos confidenciais coa axuda das mellores tecnoloxías dispoñibles no mercado.
TARXETA DE CRÉDITO. O aviso do pago é recibido pola titular de inmediato. O pago con tarxeta realízase a través de PayPal e non supón, necesariamente, ter unha conta contratada nesta plataforma. Para a súa seguridade os datos bancarios introducidos son encriptados e transmitidos de forma segura aos servidores da entidade bancaria e, posteriormente, son verificados co banco emisor para evitar posibles fraudes e abusos.
Prazos de entrega
A titular non envía ningún produto ou pedido ata que comprobemos o pago da factura. Os envíos irán acompañados da súa factura ou confirmación do pedido (documento electrónico).
A titular realiza os envíos a través de Correos (Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A.), nun máximo de entre 1 e 3 días laborables desde o peche da venda. Os prazos de entrega están estipulados pola axencia de transporte contratada que ten uns prazos xerais de 3-5 días (España) ou 7-12 días (Europa).
A titular non é responsable da entrega da mercadoría no domicilio e dos posibles atrasos no prazo de entrega. Se o cliente observase algunha anomalía no paquete entregado, rogamos fágao saber a través do correo electrónico, indicando o seu número de pedido, nun prazo de 24 horas desde a entrega (artigo 952.2 do código de comercio).
A titular pode variar en calquera momento e sen aviso previo as condicións nos prazos de entrega. Rogamos visite esta sección frecuentemente.
Gastos de envío
Os gastos de envíos estipulados pola titular para España son gratuítos se o prezo total do pedido supera os 50 €, en caso contrario os gastos de envío serán de 3 € e de 5 € para o resto de países de Europa.
A entrega considerarase realizada no momento en que o transportista puxese os produtos ao dispor do cliente e este asinase o documento de recepción de entrega. Corresponde ao cliente verificar os produtos á recepción e expoñer todas as condicións e reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción de entrega. Se existise algunha anomalía na recepción da mercadoría o cliente dispón de 24 horas para realizar a reclamación á empresa de transportes.
Dereito de desistencia
A titular entende por devolución o retorno do produto ou produtos comprados por parte do cliente e o seu posterior reembolso (Dereito de desistencia). A titular entende por cambio a substitución do produto por outro igual ou distinto. Os clientes dispoñen de 14 días hábiles (en cumprimento do capítulo II do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias no seu artigo 71.1), a partir da recepción da mercadoría para poder realizar o cambio ou devolución. Unha vez comprobado o material e se todo é correcto reintegrarase a totalidade do pago feito polo cliente nun prazo non superior a 5 días (non incluídos gastos de envío da compra). En cumprimento do artigo 73 do capítulo II do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias os gastos de envío da devolución, ao utilizar o dereito de desistencia, corren a cargo do cliente.
Se desexa exercer o dereito de desistencia, pode atopar o formulario aquí para encher e enviar por email a info@inmasoto.gal.
Política de cambios
A titular entende por cambio a substitución do produto por outro calquera. Os clientes dispoñen de 5 días naturais, a partir da recepción da mercadoría para poder realizar calquera cambio.
O procedemento para seguir nos cambios será o seguinte: envío dun e-mail a info@inmasoto.gal. É necesario indicarnos que se trata dun cambio, a data de compra, número de pedido e os motivos do cambio ou devolución. Deberá indicarnos o produto ou produtos que desexa recibir para saber a súa dispoñibilidade actual. A titular estimase se está dentro dos prazos legais establecidos ou garantía comercial que a titular dá aos seus clientes.
O produto debe estar sen ser usado, na embalaxe orixinal e con todos os seus accesorios e documentación adxunta. Unha vez chegado o paquete, comprobaremos que o produto non teña ningún tipo de dano e que non foi usado. Se o produto está en perfectas condicións, procederemos ao seu cambio de inmediato. Se, pola contra, detectamos algunha anomalía, informaríase o cliente da devandita incidencia.
A titular devolverá os gastos de envío iniciais, sendo por conta do cliente os gastos do envío do produto desde a súa casa ata a sede da tenda (custos de devolución).
A titular non acepta cambios a portes debidos.
Garantía
Segundo a normativa vixente en materia de consumo e outras leis complementarias, vostede ten garantía legal no caso de que os bens entregados sexan defectuosos ou non cumpran as especificacións sinaladas no contrato e sexa necesario reparalos, substituílos, rebaixar ou reembolsar o prezo pago. Neses casos, buscaremos a solución idónea para que poida dispoñer do produto en condicións óptimas ou poida devolvelo se é o seu desexo.
A garantía dos produtos adquiridos será a súa factura de compra.
O inicio do período de garantía iníciase coa data de entrega do produto. Os defectos ou danos que puidesen xurdir dunha incorrecta manipulación dos produtos e materiais ou os desgastes producidos por un uso normal, non se inclúen na garantía do mesmo. A documentación de garantía incluída polos fabricantes é de obrigada lectura polo comprador. Os documentos de garantía poden incluír ou excluír limitacións sobre a cobertura de garantía do produto. Calquera incidencia ou anomalía durante o período de garantía deberá ser indicada por medio de CORREO ELECTRÓNICO a info@inmasoto.gal.
Resolución do contrato
De conformidade co artigo 60.2.d da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (L.S.S.I.) faise constar os procedementos que dispón o consumidor para poñer fin ao contrato.
O cliente que confirmase o pedido no proceso de compra poderá anular o pedido nas seguintes situacións:
A) Decide despois da compra botarse atrás. Deberá avisarnos antes da saída da mercadoría das nosas instalacións. Se pagase o produto deberá avisarnos canto antes.
B) Decide botarse atrás mentres o envío da mercadoría xa está feito. Deberá usar o dereito de desistencia ao recibir o produto.
C) A titular non ten o produto. Poida que non dispoñamos do produto no momento de compra, tentaremos conseguilo no prazo mínimo de tempo ou elixir outro produto. O cliente pode decidir anular o pedido.
Registro del usuario
A formalización de calquera relación comercial coa titular a través da presente páxina web require o previo rexistro do cliente ou usuario. O cliente recoñece e afirma que os datos son seus, verídicos e reais mediante o envío do formulario de rexistro.
Como usuario rexistrado. Declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais de Compra ao contratar calquera servizo coa titular
A titular resérvase o dereito de anulación ou cancelación dunha conta en caso de inactividade durante un período de tempo prolongado.
No momento que o cliente realiza o primeiro pedido o sistema pediralle máis datos persoais para a realización do pedido (datos de envío e/ou datos de facturación).
No caso de que o Cliente xa realizase pedidos anteriores unicamente deberá indicar no formulario o seu correo electrónico e o contrasinal.
En cumprimento do establecido no art. 27.1. c da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE) o cliente dispoñerá de medios técnicos á súa disposición para identificar e corrixir erros na introdución de datos persoais. O cliente rexistrado dispoñerá de todo momento mediante a introdución do seu nome de usuario e contrasinal dun panel de control onde poderá modificar en calquera momento datos incorrectos sobre datos persoais da súa conta, datos de facturación, datos de envío.
Menores de idade
Para poder realizar un pedido o cliente deberá ter un mínimo de 18 anos.
Protección de datos
En a titular tomámonos moi en serio a protección dos datos dos nosos clientes. Para máis información podes consultar a nosa política de privacidade.
Modificación das condicións xerais de venda
A titular resérvase o dereito para modificar as condicións xerais de venda sen aviso previo, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través do mesmo como a forma na que estes parezan presentados ou localizados nos seus servidores. Estes cambios deberán de ser aceptados polo Usuario cada vez que faga efectiva unha compra. Por esta razón debe revisarse frecuentemente esta páxina ou cada vez que se realiza unha compra.
Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais de Contratación fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz afectará tan só á devandita disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz subsistindo en todo o demais, o resto de condicións xerais e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta salvo que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, houbese de afectalas de forma integral.
Lexislación
Estas Condicións xerais réxense pola lei española. As partes sométense, á súa elección, para a resolución de conflitos e con renuncia a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais do domicilio do usuario.

