Nesta noite do Samaín, na que os límites entre os dous mundos están difusos, as nosas devanceiras -as avoas das nosas avoas- poden cruzar a este noso mundo dos vivos e festexar connosco o fin do ano celta.
Sabela agarda coma todos os anos na noite do Samaín o espírito da súa avoa… mais desta volta, ela non acode á cita. Por que este ano non cruza ao Mundo dos Vivos?, quedaría atrapada, será que non pode ver a candea e non atopa o camiño?
Viaxa coa protagonista na procura da súa avoa e da súa propia historia.
“
Para que hoxe sexa un PRESENTE
debes atesourar o pasado,
un misterio debes aclarar
e na outra beira a resposta atoparás”
Duración: 45 minutos
Destinatarias: Público familiar / educación primaria


