Ir o contido

Servizos

Xela, aventura na fraga

Xela, aventura na fraga é un conto para mergullarse na natureza. A protagonista convida a unha aventura para espertar a sensibilidade e apego polo mundo que nos rodea.

“Un inesperado suceso na casa da protagonista motiva a Xela a saír na procura de respostas; polo camiño atopa plumas, pegadas e cacas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. Cara o desenlace da historia, ademais de mostrarlles as características da fauna galega, aprenderán a ollar á natureza como se elas e eles tamén formasen parte”

Destinatarias: público infantil e familiar

Duración: 50 minutos