
Historias para viaxar a través da palabra a mundos de diferentes cores e, ao regreso, recoñecer mellor o noso universo.

Actividades para conectar coa natureza, observala e entendernos como parte dela.

Obradoiros para profesorado que sabe que a infancia precisa de historias, natureza, arte, poemas e música, tanto como precisa amor, comida, aire fresco e xogo.

Representacións teatrais inspiradas na tradición e que achegan aos nosos saberes. Teatro para incomodar, pensar, rir e chorar.